GALICIA LOGISTICS é unha iniciativa promovida polo Clúster da Función Loxística de Galicia e a Xunta de Galicia, que reúne a oferta conxunta de servizos loxísticos, infraestruturas e solo empresarial de Galicia, posicionándose como o mellor territorio loxístico e a porta atlántica da Península Ibérica.
Actuamos como canal de conexión entre as empresas e o sistema loxístico galego, así como coas administracións públicas, facilitando o movemento de mercadorías entre Iberia e o mundo a través de Galicia. Tamén acompañamos proxectos de novas implantacións industriais, ofrecendo asesoramento e apoio para que atopen facilidades no seu establecemento en Galicia.
A nosa aposta pola innovación reflíctese tamén na presenza de grandes empresas tecnolóxicas especializadas en loxística e transporte.
Na feira estaremos acompañados por empresas do sector do transporte, a loxística e a tecnoloxía. Véñase a coñecer Galicia como espazo loxístico de referencia.